martes. 06.05.2025
El tiempo

En marcha a escola do Atlético de Madrid en Dumbría

En marcha a escola do Atlético de Madrid en Dumbría
Directivos do Atletico Madrid e do Dumbria en Dumbria-Foto-Jorge Parri

Que non é broma. O Atlélico de Madrid aterra en Dumbría. Unha expedición do conxunto "rojiblanco", comandada polo ex internacional Manolo Sánchez, achegábase a Dumbría para coñecer as instalacións. E a verdade é que quedaron impresionados, como nos conta o técnico deportivo dumbriés César Ferrío, tanto polas boas instalacións (iso de biblioteca con wifi, xinmasio e bar no campo impresiona ata a esta xente) pola xente que hai detrás.

A proposta pasar por crear unha Escuela de Tecnificación Fundación Atlético de Madrid con vocación de formación. Á zona traslarase Héctor Antelo que fará de coordinador da escola coa axuda dos técnicos dumbrieses. Ademais, un par de veces ao ano a Fundación realizará xuntanzas no Calderón coas 15 escolas que ten o cadro colchonero espalladas polo mundo.

En principio, a Escola estará en marcha a partir de xaneiro. O primeiro será facer a selección de adestradores para axudar a Héctor Antelo a desenvolver as actividades. Unha selección que se centrará máis na capacidade de transmitir valores que nos títulos. E a Escola está prantexada para rapaces de 4 a 17 anos.

Afirmaron que estas escolas están tendo moito protagonismo na canteira do equipo, e que cada ano saen máis de 30 xogadores para as categorías inferiores do clube. É, sen dúbida, unha gran oportunidade esta para toda a Costa da Morte.

A xornada foi completa. Tras un xantar en Olveiroa, a expedición foi percorrendo as instalacións municipais. Houbo tempo para unha visita á Fervenza do Ézaro, antes de que as 19:00h tivera lugar a presentación oficial no Conco. Con eles estivo Jorge Parri toda a xornada.

Visita obrigada a cascada do Ezaro-Foto-Jorge Parri Familia do Dumbria ca xente do Atletico de Madrid-Foto-Jorge Parri

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios