Venres. 19.04.2024
El tiempo

Evacúan en Olveiroa a un enfermo con Síndrome de Dióxenes entre toneladas de lixo

Evacúan en Olveiroa a un enfermo con Síndrome de Dióxenes entre toneladas de lixo

O pasado sábado, Garda Civil do Posto de Camariñas procedeu a evacuación dunha persoa dunha vivenda de Olveiroa, Dumbría, entre toneladas de lixo. Varios veciños notaran que o home, non recollía o pan dende hacía varios días polo que avisaron á Garda Civil.

Así, varios efectivos da Garda Civil axudaron aos servizos sanitarios a evacuar ao home, enfermo co síndrome de Dióxenes, almacenando durante anos quilos e quilos de lixo. Unha persoa reincidente, problemática, que non se leva con veciños nin deixa axudarse polos servizos sociais.

Unha vez no domicilio e a pesar do nauseabundo cheiro a putrefacción, os compoñentes da partulla uniformada dispuxéronse a retirar todos os desfeitos que puideron coa finalidade de acceder ata a persoa, quen se atopaba sen apenas forzas, desorientado, rodeado de botellas de ouriñes e espido.

Finalmente púidose evacuar ao enfermo de apenas 40 quilos de peso ata o hospital Virxe da Xunqueira.

Comentarios