Ex alumnos de Dumbría chegados de todo o mundo únense por Nadal e homenaxean a dous veciños falecidos este verán



Cada nadal, aproveitando que boa parte da mocidade dumbriesa volve a casa, os antigos alumnos dos cursos 90/91 do CEIP Santa Eulalia de Dumbría celebran unha “Xuntanza Escolar”. O Restaurante O Cruceiro acollía a cita á que acodían unha trintena de veciños dumbrieses chegados de todas partes do mundo. Londres, Suiza, Madrid, as illas Canarias… e mesmo un rapaz que está en EEUU que finalmente non puido acodir.
A reunión deste ano serviu para facerlle unha pequena homenaxe a dous membros daquela promoción, que estiveran o ano pasado na Xuntanza pero que faleceron este verán en sendos accidentes laborais.
Bo momento para actualizar en persoa, e deixar as redes sociais a un lado, e para gozar dese pequeno agasallo que repartiron os organizadores.

Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).