sábado. 11.04.2026
El tiempo

Dous monitores de surf rescatan unha familia en apuros na praia de Malpica

Bandeira Azul para a Praia Area Maior Malpica-Camino dos Faros
Praia Area Maior Malpica-Foto: Camino dos Faros
Dous monitores de surf rescatan unha familia en apuros na praia de Malpica

Momentos de tensión na tarde de onte na praia de Area Maior, en Malpica. Un pai e unha filla xogaban cun corcho, arredor das 18:00h preto da zona do Caldeirón, cando se viron en apuros pola forza do mar, que os arrastraba cara dentro.

Os monitores da One Surf Academy, que estaban cambiánose nos seus vestiarios tralas súas clases, viron o que acontecía, avisaron ao 112 e colleron as súas táboas e chegaron a salvar á familia de turistas. Unha intervención que vale dúas vidas.

Comentarios