Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Existe unha verdadeira investigación policial sobre o incendio?

Existe unha verdadeira investigación policial sobre o incendio?
Artefacto incendiario atopado polo Carnotan entre Mallou e Maceiras
  • Un aviso da Brigada de incendios vimiancesa: "O servicio de incendios, o día sábado 14/09/2013, no mirador do Ézaro, atopou apoiado nun peñasco un diario con tapas negras, con relatos e poemas. Xunto cunhas gafas de sol negras coas patillas de cor vermella marca Arnette. Pódese recoller no Distrito V; dirección Ría Codeseiras, nº5, Vimianzo. Non se admite ningunha gratificación".
  • Última hora: EXTINGUIDO desde as 20:01 horas #IFCarnota. Última estimación de superficie afectada: 2.377,32 ha.

Xa acabou o peor, e xa reflexionabamos que agora toca traballar na recuperación, reflexionar e investigar. E precisamente hoxe toca falar da investigación. Porque un veciño que vive na estrada entre Mallou e Maceiras, no outro lado, no que non sufría as consecuencias do terrible #IFCarnota.

Este carnotán, un exemplo de compromiso cidadán para toda a sociedade, denunciou o que viu, simplemente. Xa sabemos que a fonte dos lumes non son "pirómanos enfermos", senón que está máis que comprobado que os que prenden os lumes son verdadeiros coñecedores do terreo.

Esta familia viu pola mañá un par de motos estranas pola zona, que nun día normal non levantarían sospeitas, pero en medio da voráxine xa levantou inquedanzas. Foi pola tarde cando estando fóra da casa, o pai da familia descubriu un pequeno conato recén prendido con este artefacto incendiario que vemos na imaxe. Un instrumento que parece o pescozo dunha botella de plástico, supostamente ceo de material combustible, cun cordón que fai de mecha.

Inmediatamente, avisou ao 085, e unha veciña e mais el correron a sofocar o lume como se facía antes, cas xestas eu n par de caldeiros. E de contado, . Tardou en chegar a Xunta a pesar de semellante denuncia. Nuns 25 minutos chegou un técnico tomoulles nota da denuncia e recoller o artefacto. Pero foi o único contacto que tiveron coas forzas de seguridade, e iso que aportaron indicios claros das persoas que puideron ter sido culpables. "Vixiade a zona", espetoulles o técnico. E así o fixeron, con toda a familia practicamente facendo gardas día e noite.

Moito se escoita de que a xente sabe quen anda detrás. O alcalde de Carnota asegura que o prendeu o lume ten intereses de que o Monte Pindon non sexa declarado Parque Natural. Fálase do sector madereiro, do sector enerxético, ou dun simple veciño cabreado, pero polo de pronto todo son pesquisas. Agora á veciñanza informar e denunciar, seguindo o exemplo deste Carnotán, e ás forzas de seguridade tomar en serio as denuncias e atopar aos culpables.

O lume acabou prendendo en Maceiras

E tanto vai o cántaron á fonte, que ao final acabou desbordando. Xa nos avisaban dende a zona, pois esta mesma pasado noite de domingo, algún desalmado conseguíu prender o monte en Maceiras. Afortunadamente foi controlado pasadas as 6:00h coa axuda dos veciños e dos bombeiros.

Acabou prendendo o lume en Maceiras-Foto-Carnotan

Máis información

Novas sobre o #IFCarnota

Fonte

Comentarios