O Ézaro prepara o baile do Cañoto para a Festa da Praia
11:24 02/08/23
Estes sábado 5 e domingo 6 de agosto, chega a 36ª edición Festa da Praia do Ézaro 2023, organizada polo Concello de Dumbría.
Dous días cheos de actividades para nenos e maiores. Un sinfín de xogos, obradoiros, carreiras de obstáculos (OCR), música con Tanto Nos Ten e as actuacións do Pallaso Piter e do Mago Teto, cun espectáculo que mestura maxia e o mellor do rock, no Ézaro, Dumbría.
E o domingo Gran Sardiñada popular, a actuación do Grupo Alkar, e os xogos populares tan acaecidos.