Sábado. 20.04.2024
El tiempo

ForFunGo: A prantación de cogumelos como fonte de achegamento da mocidade ao monte

Forfungo nos montes do Vilar
Moz@s dumbrieses microrrizando piñeiros nos bosques do Vilar
ForFunGo: A prantación de cogumelos como fonte de achegamento da mocidade ao monte

Tempo de outono, tempo de cogumelos, e mentres se desenvolven na zona as Xornadas Micolóxicas, polo Monte do Vilar, en Dumbría, están a poñer en marcha un proxecto emprendedor tremendamente ilusionante. Precisamente foron esas saídas lúdicas con especialistas o que chamou a atención dun grupo de 6 mozo@s da contorna, que vén de presentar un proxecto de Iniciativa Xove, financiado pola Xunta de Galicia para mozas e mozos de entre 18 e 30 anos.

O proxecto ForFunGo, promovido polo grupo DiAproF (Diversificando o Aproveitamento Forestal) pretende servir de revulsivo no aproveitamento dos nosos montes, convertindo os nosos bosques en auténticas prantacións de cogumentos.

Mocidade nos montes do Vilar microrrizando pineiros con ForFungo

A través da aplicación dun xel micorrícico en pés de piñeiro adultos, para que se produza a simbiose entre as micorrizas e as raíces das árbores, trata de fomentar a produción de Boletus edulis e Lactarius deliciosus, dúas especies ben cotizadas no mercado.

A inoculación xa tivo lugo nunhas 200 hectáreas do monte da SOFOR Monte do Vilar, e agora o grupo está a divulgar o proceso e a súa experiencia a través das redes sociais (no seu instagram, @forfungo_diaprof). Toca ficar atent@s ao efecto da inoculación na parcela experimental, para valorar o incremento de produción de cogumelos.
Pero polo de pronto, o proxecto xa ten unha vitoria acadada: achegar o monte á xuventude.

Comentarios