Todo listo para as XXI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte

Este sábado 6 e domingo 6 de novembro teñen lugar, da man da Asociación Micolóxica Naturista Pan de Raposo, as XXI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte. Se o pasado martes xa houbo unha saída con expertos, os días grandes serán esta fin de semana.
Coma sempre, o epicentro será a exposición de cogomelos e traballos escolares, que estará aberta na Casa da Cultural en horario de 10,30 a 13,30h e de 17,00 a 20,00 h.
A mellor hora para visitala é ás 12:30h, pois haberá unha visita guiada.
O sábado ás 17:30h hai ademais a charla de Brais Pichel Díaz, chef do Restaurante Terra, “e fará unha conferencia gastronómica co título “Setas, sabores y texturas”.
O domingo toca sesión máis técnica, ás 17:30h, con José Manuel Castreo Marcote, “que nos fará un “Achegamento ao xénero Boletus s.l.”
Ademais, sábado e domingo haberá degustación de petiscos de cogomelos nos seguintes locais: Hotel Larry, Mar de Crebas, A Mariña, As Viñas, Café Bar o Rincón de May e Taberna mariñeira O Ribeiro.
Máis cousas en Cee
Para completar a oferta cultural de Cee, o venres 4 ás 19:00h inaugúrase a exposición de fotografía do naronés Lucas Blanco “Gritos de Silencio, que recolle imaxes das dúas viaxes por mundos como Senegal, India, Ecuador ou o drama do pobo saharui.
O horarios de visita (ata o 25 de novembro) é de luns a venres: de 9.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas; e sábados e domingos pola tarde en función da programación do Auditorio.
O sábado 5, ademais, ás 18:00h, a compañía asturiana La Sonrisa del Lagarto trae a obra La Mona Simona, un espectáculo para maiores de 5 anos.
Ademáis, a compañía ofrecerá un obradoiro de sombras chinescas, para 20 nenos e nenas o mesmo sábado 5 de 11.00 a 12.30 horas. É preciso inscribirse previamente na Biblioteca Pública Francisco Mayán, na Casa de Cultura.
Novas actuais
Xornadas de Pan de Raposo
- 2021: As Xornadas Micolóxicas de pan de Raposo, un espectáculo para os sentidos.
- Xornadas 2019: A Casa da Cultura de Cee volveu convertirse nun bosque galego polas Xornadas Micolóxicas.
- Xornadas 2018: “Pois si que tiñan gañas de saír, tanto a xente como os cogumelos”.
- Xornadas 2017: Marcote: “As chuvias chegaron tarde para nós, pero aínda así salvamos os mobles con 130 especies”.
- Xornadas 2016: Cee, Coristanco, Santa Comba e Zas fixeron dos cogumelos os reis do outono.
- Xornadas 2015: Lira, Santa Comba e Ponteceso converten a Costa da Morte na capital da micoloxía.
- 2012: Marcote: “A cultura micolóxica da zona experimentou un gran cambio nos últimos anos”.