Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os Gaiteiros de Buxantes presentaron na casa a súa proposta con Invernía para o Festival de Lorient

Banda de Gaitas Invernia en Dumbria
Actuación da Banda de Gaitas Invernía en Dumbría
Os Gaiteiros de Buxantes presentaron na casa a súa proposta con Invernía para o Festival de Lorient

O pasado mes de marzo coñecíamos que os Gaiteiros de Buxantes representará a Galicia Festival Interceltico de Lorient (Francia), do 2 ao 11 de agosto. Un feito histórico para a nosa comarca participar no festival de música celta máis importante a nivel mundial, que se leva celebrando dende 1971 en dita cidade, e supón o maior punto de encontro das chamadas nacións celtas. Un festival onde tamén teñen estado a banda de gaitas Ximiela de Muros, a malpicá Banda de Gaitas Malante ou a ceense Fernando Fraga co seu acordeón.

Os Gaiteiros dumbrieses forman parte da banda de gaitas completa, Invernía, que será a protagonista dun festival que que cada ano está adicado a unha rexión celta do mundo diferente, sendo este o ano de Galicia. Invernía acudirá pois, xunto con outras agrupacións, representando á nosa comunidade nesta edición tan importante.

Un fito que merece unha presentación oficial, nunha data escollida como é este pasado venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, cando o grupo actuou no auditorio de Olveira (Dumbría) no marco dunha xira de concertos por Galicia. Unha presentación que aproveitou a visita no noso país do representante da Delegación Galega do Festival Intercéltico de Lorient, Pablo Seoane.

Presentacion en Dumbria da participacion dos Gaiteiros de Buxantes en Invernia no Festival de Lorient

InverníaBanda de gaitas invernia logo

Esta banda de recente creación (é un proxecto nacido no ano 2018), foi fundada a medio camiño entre as cidades de Santiago de Compostela, Dumbría, Vedra e A Estrada), e conta cuns corenta compoñentes de tódalas idades. A súa creación tivo como obxectivo poñer en común o traballo das escolas de música tradicional destes lugares, baixo a dirección dos mestres Ramón Maril, Marcos Varela e Noelia Bouzón. Invernía polo tanto está conformada pola fusión de destas escolas, creando así un conxunto máis heteroxéneo e colorido, enfocado á interpretación dun repertorio máis seleccionado e fresco.

Ademais da banda de gaitas, Invernía conta tamén co seu propio grupo de pandeireteiras, Folerpas de Invernía, conformado polas propias percusionistas e gaiteiras que forman parte do proxecto. Ten ademais unha vistosa identidade gráfica deseñada por Rosa de Cabanas,

Marcos Varela, o inventor do nome da banda, asegura que “é un nome con moita musicalidade; ademais o inverno é algo moi galego, unha característica moi importante do noso país. Ademais, “Invernía” tamén é o título dunha peza interpretada polo grupo Milladoiro, así que serve de homenaxe a toda a música galega contemporánea.

Actualmente, a agrupación que leva unha constante actividade, atópase inmersa nos preparativos dunha xira de presentación en varias localidades galegas como Santiago, Dumbría (coa colaboración do concello e da Asociación Fonte Santa de Buxantes), e A Estrada. A banda participará o vindeiro 18 de maio nun festival folk en Cambre, colaborando de novo con Susana Seivane; o 26 de maio no Teatro Principal de Santiago; 0 2 de xuño no Teatro Principal da Estrada; o 22 de xuño en Marrozos no Xesteiraso Folk; e posteriormente en Lorient (Francia) do 2 ao 11 de agosto. 

Novas relacionadas

Comentarios