Venres. 18.06.2021
El tiempo

O Gran Fondo Ézaro 2021, o evento deportivo máis multitudinario da Galicia postpandemia

Presentacion do Gran Fondo Ezaro 2021
Presentación do Gran Fondo Ézaro 2021 no Hostal dos Reis Católicos
O Gran Fondo Ézaro 2021, o evento deportivo máis multitudinario da Galicia postpandemia

O 11 de xullo a Costa da Morte acolle “o espectáculo ciclista máis grande de Galicia” que se perfila como “o evento deportivo máis multitudinario da Galicia postpandemia”. Volve, tras un ano de parón pola pandemia, o Gran Fondo Ézaro, e faino cunha edición especial, de menor formato, e con todas as restricións sanitarias necesarias para facer unha proba segura.

Así o confirmou a organización, o Concello de Dumbría e a empresa EME Sports, na presentación realizada este mércores no Hotel dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Todos os participantes terñan que pasar un test de antíxenos, no marco dos protocolos de seguridade establecidos. O test farase desde os seus vehículos e, tras o resultado negativo, entregaránselles os dorsais. “Tiñamos claro que, se o faciamos, queriamos facelo con seguridade”, dixo Ezequiel Mosquera, que confiou en que os corredores gocen desta “versión inédita” desta proba que, este ano non pode servir de evento internacional puntuable para a UCI World Series, cualificación que se retomará o próximo ano..

Presentacion do Gran Fondo Ezaro 2021 2

Outras das medidas sanitarias, ademais do avituallamento individualizado, implica que a saída será neutralizada e farase con máscara, como a chegada, pero durante o percorrido non fará falta poñela. “Non se pode subir o muro de Ézaro con máscara”, chanceou Ezequiel Mosquera.

Serán un total de 800 persoas as que poidan inscribirsese a situación sanitaria segue, como ata o de agora, mellorando, poderán alcanzarse os 1.000 participantes.

Coma sempre, haberá dúas rutas, unha longa de aprox. 150km e outra de 80km, cun denomidador común: o final no Alto do Ézaro, previa subida contra ”o Muro”, esa rampa de formigón do 30% da que non [email protected] poden saír [email protected] A proba pasará por Dumbría, Cee, Muros, Muxía, Carnota e Vimianzo, tendo como novidade o paso por Touriñan, unha paisaxe “moi dura pero moi especial” coa que este desafío será “máis Costa da Morte se cabe”. En defintiva, un roteiro impresionante ao final do Camiño de Santiago, coa que tamén celebrar este ano Santo Xacobeo 21-22.

Deporte e Turismo

Foi o alcalde José Manuel Pequeño e o deputado de Promoción Económica da Deputación da Coruña, Blas García, os que incidiron na importancia a nivel económico, destas probars, ratificando a aposta dos grandes eventos deportivos como reclamo para o turismo, e confiando en que os deportistas, e as súas familias, que veñen competir, posteriormente volven a disfrutar da nosa comarca.

NOVAS RELACIONADAS

 

comentarios