O Gran Fondo Ézaro abriu o seu prazo de inscrición
- A proba cicloturista terá lugar o domingo 7 de xullo polas estradas da Costa da Morte
O Gran Fondo Ézaro abre o período de inscricións para a edición de 2024. Dende este luns xa se poden formalizar a participación na gran proba cicloturista de Galicia a celebrar o 7 de xullo. A organización premia aos 300 primeiros inscritos cun prezoreducido de tan só 35 euros.
Ademais, como novidade, en caso de existir algún contratempo, a inscripción para o Gran Fondo Ézaro poderá ser canxeada para participar na Ancares Cycling Marathon do 4 de agosto. As inscricións xa se poden facer en www.granfondoezaro.com.
A partir desa data o custe será de 40 euros ata acadar os 600 inscritos. A partir do 1 de marzo o prezo será de 45 euros e no último tramo de inscritos aboarán 57 euros.
O roteiro, á espera de darse a coñecer os detalles, terá un percorrido e unha distancia similar á da edición de 2023.
En 2023 o Gran Fondo Ézaro celebrouse baixo a fórmula de percorrido único, con 109 quilómetros polos concellos de Dumbría, Carnota, Muros, Mazaricos e Cee. Máis de 600 ciclistas tomaron a saída nunha xonrada na que Samuel Sánchez, medalla de ouronos XX.OO de Pequín, foi o primeiro en cruzar a liña de meta no imponente Mirador do Ézaro.
Máis nova do Gran Fondo