O Gran Fondo Ézaro volveu visibilizar o Muro e o tesouro natural da Costa da Morte

Volveu ser o ciclismo un perfecto escaparate para a Costa da Morte. Así entende o Concello de Dumbría o deporte de alto nivel, e para iso fai estas probas deportivas tan mediáticas en todo o país. O ciclismo estatal e internacional tivo a ollada posta este domingo, de novo, no Alto do Ézaro. O Gran Fondo Ézaro 2022 volvía será formar parte das World Series, protagonizando un dos espectáculos deportivos máis fermosos da Costa da Morte.
Ademais da beleza da paisaxe, a impecable organización do Concello de Dumbría e Emesports fai que cada un dos dos 600 ciclistas que participaron rematen cun sorriso que lles dura varios días.

Foron máis de 300 os que remataron a ruta curta, e case 200 que os acabaron tras 3-4 horas de pedaladas a ruta longa, que pasou por Corcubión e Fisterra por primeira vez, ademais de Muxía, Carnota, Muros e Mazaricos.
Na proba raíña, de máis de 136 km, o campión foi, outra vez, David Paz (Amigos do Esporto). O portugués superou a Eduardo Alonso e Damián Ramos (Norinverg). En féminas, a brava muxiá Barca Toba repetiu tamén título.
Samuel Blanco, que quedou 4º, foi o máis rápido en subir o Alto, con 8:02, 12 segundos menos que o campión.

Finalmente Roberto Heras (o ciclista con máis Vueltas a España da historia portaba o dorsal nº1) un dos grandes favoritos, non se atreveu coa longa (tivo un accidente a semana pasada e aínda non estaba ao 100%), pero acabou 2º na ruta curta, por detrás de Phillipe Lepeurien, que con máis de 60 anos fixo un traballo tremendo.
Outro que ficou na ruta curta foi Álvaro Pino (dorsal nº2), quedando na 42ª posición, mentres que Samuel Sánchez (dorsal nº3) quedou na 7ª posición da proba longa.
Máis alá dos resultados, cómpre destacar fazañas como as de Iván Manoel, que chegou ata arriba na súa bici adaptada. Un verdadeiro heroe.

Susto
Certo que a tarde se viu empañada por un suceso moi tenso. Un ciclista, que en verdade non estaba inscrito, colábase no medio do pelotón para subir a ascensión ao alto do Ézaro. Pero a altura do formigón, sentíase mal, baixaba da bici e sufría un desmaio. Foron momentos de pánico pero conseguiron reanimalo, malia que tivo que ser trasladado á UCI.
Novas relacionadas
- 36 Ézaros = 1 Everest.
- Gran Fondo 2021: O pelotón do Gran Fondo Ézaro vertebrou a Costa da Morte.
- La Vuelta 2020: A Costa da Morte deu a Volta por 150 países.
- Gran Fondo 2019: O Muro do #GranFondoÉzaro continúa aumentando a súa lenda.
- Gran Fondo 2018: O Gran Fondo Ézaro supérase a si mesmo.
- Gran Fondo 2017: Gómez Noya demostrou o seu poderío vencendo o Gran Fondo e na Travesía a nado.
- Vuelta 2016: La Vuelta volveu subir o Formigón do Ézaro e deixar a súa pegada na Costa da Morte.
- Gran Fondo Ézaro 2015: Indurain e Chiapucci da man ata o Mirador do Ézaro.
- Pequeño: “Se por min fose, a Volta Ciclista a España 2016 saía e chegaba ó Ézaro. Hai un bo entendemento co director do evento”.
- O Turismo do Ézaro crece nun 155% no último ano gracias a La Vuelta.
- “O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
- Alfredo Relaño: “Non coñecía este emprazamento privilexiado ata que o ciclismo o ensinou ao mundo”.