Martes. 30.04.2024
El tiempo

Investigan un dumbriés por un vertido de cascallos e uralita no monte

Vertido uralita Dumbria
Investigan un dumbriés por un vertido de cascallos e uralita no monte

A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Corcubión investigou a un home como presunto autor dun delito contra os recursos naturais.
Os feitos ocorreron cando unha patrulla da citada Unidade que realizaba un servizo especializado no concello de Dumbría, o día 1 de febreiro do ano en curso, observou nunha granxa unha gran cantidade de residuos da obra, cascallos e uralita, principalmente,

En datas posteriores, os gardas civís realizaron unha nova inspección na zona, verificando que as verteduras foran eliminadas, polo que procederon á localización do propietario do inmoble.

Unha vez localizado, solicitouse a documentación de trazabilidade para a entrega dos residuos a un xestor autorizado, pero esta persoa carecía da devandita documentación, confirmando que a eliminaba mediante o seu soterramento, poñendo así en grave perigo o medio ambiente e os acuíferos.
A Garda Civil procedeu a investigar a esta persoa como presunta autora dun delito contra os recursos naturais.

Vertido uralita Dumbria Garda Civil

Comentarios