Sábado. 24.07.2021
El tiempo

Jorge Quintáns quedou ás portas do Equipo Nacional de Piragüismo

Jorge Quintans en Le Seu co Piraguismo Dumbria-Foto-Norbert Aguilera
Jorge Quintáns en Le Seu -Foto-Norbert Aguilera
Jorge Quintáns quedou ás portas do Equipo Nacional de Piragüismo

Volveu con mal sabor de boca o CDP Piragüismo Dumbría da segunda proba da Copa de España de Slalom celebrada na Canle Olimpica de La Seu de Urgell. Acodían con 3 deportistas pensando na Selección Nacional, e volven de baleiro tras pagar o pato da inexperiencia.

O vimiancés Jorge Quintáns quedou fora dos selectivos para formar parte do equipo nacional por un só posto. Tiña que quedar entre os 10 primeiros para obter o pase para disputar os selectivos do Equipo Nacional de Slalom sub23 pero rematou 11º.

Martín Fdez Romar en Le Seu co Piraguismo Dumbria-Foto-Norbert Aguilera
Martín Fdez Romar en Le Seu-Foto-Norbert Aguilera

Pola súa banda os cadetes Martín Fernández Romar e Brais Sánchez Cancela era a primeira vez que competían nesta canle artificial, e pagaron a súa inexperiencia con erros que estropeaban boas baixadas, pero que deixando a sensación de que son quen de navegar con soltura nun escenario tan complicado coma o que acolleu os xogos olimpicos de Barcelona.

Brais Sanchez Cancela en Le Seu co Piraguismo Dumbria-Foto-Norbert Aguilera
Brais Sánchez Cancela-Foto-Norbert Aguilera

Parón

Agora a actividade nacional se detén pola disputa dos selectivos e de diversas probas do calendario internacional ata finais do mes de maio, cando terá lugar a vindeira proba da Copa de España de Slalom, así coma a primeira proba da nova modalidade olímpica das augas bravas, o Slalom Extremo, que debutará así dentro do calendario nacional. Fotos de Norbert Aguilera.

Novas relacionadas

comentarios