Máis de 150 países verán en directo a chegada ao Alto do Ézaro da Vuelta 2012


Menudo día que nos espera o mércores 30 de agosto. Dia histórico, pois falamos probablemente do meirande acontecimento deportivo que acolla a Costa da Morte. A 12ª etapa de La Vuelta Ciclista a España rematará no Mirador do Ézaro. E non será a última vez!
Unha das razóns é a repercusión mediática que xenera La Vuelta. Xa son máis de 150 países os que farán unha retransmisións en directo, diferidos e resumos do que aconteza na 3ª proba máis importante do mundo do ciclismo. A chegada ademais será das máis vistas pola explosividade da chegada en alto, con rampas do 28% e nunca menos do 15%.
I é que falamos de que as imaxes aéreas da Costa da Morte chegarán a millóns de persoas. Por exemplo, durante A Volta 2011, a etapa máis vista foi seguida por 2.277.000 espectadores. Ademais foron unha 1.765.000 persoas que asistiron o ano pasado como público a esta etapa... Como veñan tantas a ver onde as metemos... Pero o que queda claro é que a visita do pelotón será unha grande nova para o turismo da Costa.
Ademais, a noite poderá completarse co disfrute da iluminada para ocasión Fervenza do Ézaro. Todo un espectáculo para os milleiros de espectadores que pernocten na zona.
Máis info
- Twitter @lavuelta
- Facebook www.facebook.com/lavuelta.
Novas relacionadas
- A Fervenza do Ézaro iluminarase 16 noites do verán.
- A chegada ao Mirador do Ézaro non será a última vez que se faga
- As rampas do Mirador do Ézaro agardan a invasión do pelotón.
- O Mirador do Ézaro acollerá un final de etapa da Volta a España.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).