Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Vimianzo, Muxía e Camariñas presentan o cuarto obradoiro dual de emprego

Obradoiro Emprego Vimianzo 2
Alumnado da Obradoiro de Emprego durante a presentacion
Vimianzo, Muxía e Camariñas presentan o cuarto obradoiro dual de emprego

Volven á roda da formación e o emprego a rodar nos Concellos de Vimianzo, Muxía e Camariñas. Os Obradoiros de Emprego Camiño ao Emprego estanse convertindo nunha saída temporal para ducias de desempregados da comarca, tendo ademais como resultado a adquisición dunha profesión.

Esta cuarta edición, de 12 meses de formación pagada, arrinca con 20 alumnos e alumnas, que desenvolverán as actividades de forma simultánea nos tres municipios, con Vimianzo como promotor. Os certificados de profesionalidade que se repartirán correspóndense cos de “Montaxe de mobles e elementos e carpintería” e “Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción”.

Obradoiro Emprego Vimianzo

A subvención para realizar o obradoiro concedéuselle ao Concello de Vimianzo por valor de 503. 987 euros, con cargo ao orzamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. Así mesmo, concédense 30.000 euros para 20 incentivos á contratación laboral.

Comentarios