Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Cross Terras do Vákner volveu ser un divertido baño de lama

Cross Dumbria 2022-Foto-Jorge Castro 1
A imaxe do Cross Dumbria 2022-Fotos-Jorge Castro
O Cross Terras do Vákner volveu ser un divertido baño de lama

Celebrouse esta fin de semana a II edición do Cross Terras do Vákner do Concello de Dumbría. Un evento, desenvolto por Dafit, que tralas grandes críticas polo éxito da primeira edición, esperan poder dar un salto de calidade de cara ao curso que vén. A pesar da falta de continuidade, a carreira volveu ser un éxito, con 130 participantes chegados de todas as partes da Costa da Morte, mesmo de Coruña, Santiago…

Foi unha proba dura, con zonas moi blandas… pero asequible para todos os públicos, cunha zona nova, unha carballeira moi fermosa que é algo descoñecida mesmo para a veciñanza dumbriesa.

Cross Dumbria 2022-Foto-Jorge Castro 6
Jorge Castro

Había 3 categorías, unha infantil, unha ruta curta dando unha volta ao circuito de 3,5km; e outra longa, que daba dúas voltas ao circuito, tendo que pasar dúas veces polos 21 obstáculos preparados. Probas de carga de garrafas de auga, dun gran rachón de tronco ou un neumático; saltos, equilibrios en troncos; un muro de 2,25m; unha paleadora; fosas de lama; un tanque de escombreira cheo de auga; un regato; túneles de rodas de tractor… unha carreira moi completa que, en caalquera caso permitiu que todo o mundo superara todas as probas. “Quixemos que fose díficil, pero que todo o mundo pasase as probas, polo que moitas eran máis de habilidade que de forza. Aí os que queren competir podían facelo por velocidade, e o resto, a disfrutar, que diso se trata”.

Cross Dumbria 2022-Foto-Jorge Castro 4
Foto-Jorge Castro

E polas caras vemos que a xente disfrutou. Os de dentro, e os de fóra sobre todo na piscina de lama, onde se viron as estampas máis simpáticas vendo aos participantes arrastrados por debaixo da rede, ante a mirada do Vákner, que se deixou ver polos montes dumbrieses.

Cross Dumbria 2022-Foto-Jorge Castro 7
A temida e divertida piscina de lama: Foto-Jorge Castro

A mellor anécdota foi protagonizada por Eva Formoso. A filla de Triki, o famoso ciclista muradán-dumbriés, fixo a carreira infantil, pero tamén fixo a carreira corta e a carreira longa, axudando a todo o mundo. Ata lle deron un premio especial na organización por facelo tan ben.

Tanto o Concello como Dafit quedaron tremendamente satisfeitos pola organización, que transcorreu dun xeito perfecto gracias en boa parte á colaboración do voluntariado, e as primeiras críticas da rede están sendo moi boas. Sen tempo a recoller, xa están pensando no ano que vén, en dar ese salto de calidade e convertirse en referencia a nivel autonómico.

Cross Dumbria 2022-Foto-Jorge Castro 3
Limpiños á saída-Foto-Jorge Castro 3
Cross Dumbria 2022-Foto-Jorge Castro 5
Así á chegada-Foto-Jorge Castro
Cross Dumbria 2022-Foto-Jorge Castro 8
O voluntariado, fundamental-Foto-Jorge Castro
Cross Dumbria 2022-Foto-Jorge Castro 2
O muro. Foto-Jorge Castro

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios