Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Novos accidentes na AC-552 ao seu paso por Dumbría e Corcubión

Accidente na Amarela-Corcubion na AC552
Imaxe do Accidente na Amarela, na AC-552
Novos accidentes na AC-552 ao seu paso por Dumbría e Corcubión

Seguen producíndose accidentes e accidentes na AC552, a estrada que vertebra a comarca e que segue pedindo a gritos a Autovía. O pasado venres foi a altura de Salgueiros, e este domingo houbo dúas saídas en Corcubión e Berdeogas.

Pasado o mediodía do domingo, tivo lugar un accidente na Amarela, Corcubión. Unha saída de vía á que só acodiu Protección Civil, malia que afortunadamente non houbo feridos.

Si que ficou unha persoa ferida no accidente acontecido pasadas as 22:00h na mesma estrada, pero a altura de Berdeogas, Dumbría, no km.79.350. Por motivos que se desecoñecen o vehículo, Citroen C4, saíuse da estrada indo parar o outro carril e batendo na cuneta. A única ocupante queixábase de moita dor na cadeira, polo que foi inmobilizada e trasladada o Hospital de Cee. Unha vez retirou a grúa o vehículo, os Bombeiros procederon á limpeza da vía.

Comentarios