Nucha e Mucha presentarán o entroido dominical de Dumbría


Xa temos luns e martes de Entroido copados, coas citas de Vimianzo e Fisterra. Pois o domingo, 10 de febreiro, toca ir ata Dumbría, onde terá lugar un concurso de disfraces moi especial.
I é que a cita terá unhas presentadoras de excepción, como son as Cantareiras de Ardebullo, Nucha e Mucha.
Todos disfrazados concentraranse ás 17:00 horas na porta do Concello, e farán un pasarrúas ata a praza da Igrexa. Iso si, todos os nenos disfrazados terán golosinas.
Ademais, tamén haberá concurso de comparsas, que deberán inscribirse antes do 7 de febreiro), e que terán bos premios. O 1º premio será de 800€, o 2º de 400€ e o 3º de 200€. Ademais 1º premio do Concurso de Disfraces será de 120 € ó disfraz individual máis orixinal.
Así que xa saben, Dumbría é entroido.
Máis información
Novas relacionadas
- O Entroido de Fisterra xa ten o seu cartel cheo de caras coñecidas.
- Vimianzo xa pensa no seu gran luns de Entroido.