"O campo de slalom sería tan positivo como o Camiño de Santiago"
Non hai un só campo de slalom olímpico de augas bravas en Galicia, e apenas hai 3 en toda España. A proposta do Concello de Dumbria vai moito máis aló do piragüismo, xa que un campo coma este podería ter tanta repercusión como o camiño de Santiago, cambiando peregrinos da fe e da aventura por peregrinos do deporte.
I é que como reflexionan os técnicos do Concello de Dumbría, dos máis profesionais da zona, por certo, Quique Portela e César Ferrío: "A zona conta con todo a favor para convertirse nun referente a nivel estatal. Temos á Federación volcada, temos Á Xunta, temos un espazo natural inmellorable, e temos o apoio de Ferroatlántica que ademais nos permite ter auga cando sexa necesario". Xa teñen todos os papeis presentados e agora toca esperar que saia adiante.
Só hai un pero en todo isto, e non é outro que o colectivo de pescadores. O río Xallas é un dos coutos máis devezados do país, e os 300 metros nos que queren desenvolver o campo de slalom está no medio dos 7km de coto do río.
Creando riqueza
E cando falan de repercusión para a zona, recordan o conseguido ca Volta Ciclista e de como puxo a Fervenza do Ézaro no foco de todas as miradas. Co campo de slalom pasaría algo semellante. Pequeño e Oliete, alcalde de Dumbría e director de Ferroatlántica, que asinaban un convenio esta semana para levar adiante o proxecto, puxeron os exemplos de outros campos de semellantes características: Sort vive directamente do río, e iso que o 80% do municipio é Parque Natural, e no Parque Olimpico de La Seu se crearon 30 postos de traballo directos", explican incindindo en que o campo "sería unha inestimable fonte de emprego".
De feito, destacan que "en Sort, un concello de apenas 1.800 habitantes, hai máis prazas hoteleras que en toda a Costa da Morte xunta".
Ambos sinalaron que esta infraestructura sería moi beneficiosa para a Costa da Morte, posto que por situación xeográfica serían moitas as seleccións nacionais e clubes de toda europa que estarían dispostas a acudir ata quí para facer as súas campañas invernais, en vez de desplazarse a paises do hemisferio sur".
Recuperación medioambiental do río
Ante as posibles críticas que puideran xurdir, dende o Clube Piragüismo Dumbría e dende o Concello xa se apuran a explicar o procedemento. A idea trae consigo o proxecto de adecuación do río Xallas, concretamente recuperando un tramo de 300 metros por debaixo da presa do encoro de Fervenza, adecuandoo á practica do Slalom.
As obras consisitirían basicamente en eliminar a escombreira de pedras que leva case 50 anos dende que se fixo o encoro. Moitas desas pedras se recolocarían no curso do río para preparar as contras e os rápidos, deixando unha estampa moito máis parecida ao río que sempre foi.
"É como se nunha canteira abandonada queres facer un parque cun auditorio, como en Castrelos", resume Portela, que considera que "o proxecto é moi positivo medioambiental, deportivo e economicamente para a Costa da Morte".
Máis información
Aquí tendes máis informaciónsobre outros campos semellantes en Cataluña.
Novas relacionadas
- Dumbría, co apoio de Ferroatlántica, anuncia o proxecto dun campo de slalom olímpico augas bravas.
- O Piragüismo Dumbría repite o terceiro posto por clubes en Gondomar.
- Os alumnos de Cee e Dumbría descobren o Mar a vela.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).