Luns. 13.05.2024
El tiempo

O Piragüismo Dumbría repite o terceiro posto por clubes en Gondomar

O Piragüismo Dumbría repite o terceiro posto por clubes en Gondomar
Martín do Piragüismo Dumbría en Gondomar

Tralo 3º posto de Mondariz, o CDM Piragüismo Dumbría disfrutou en Gondomar dun día de verán e, o máis importante, volveu con boas novas. E iso que o río Zamáns non é un deses de grandes caudales e amplas marxes, máis ben xusto de auga, estreitiño e ratoeiro, xusto ó que non están acostumados os rapaces do noso clube, mais afeitos a ríos coma o Xallas, ancho, con corrente, máis técnico e menos físico.

E a pesar da falta de experiencia o cadro fixo unha gran actuación. Na competición femenina, o CDM Piragüismo Dumbría acudía con so dúas rapazas, que conseguiron tres medallas. Lorena Costa Rama fixo unha excelente competición, sigue madurando coma competidora, e xa lle está pondo máis igualadas as cousas á Yasmín Diaz, a campeona do Quixos que neste momento é a dominadora da categoría. Lorena gañou a primeira manga, pero na segunda os nervos e a ansiedade lle xogaron unha mala pasada, non puidendo aguantar o resultado.

Pola súa parte Kiara Martinez Trigo non foi quen de revalidar o seu triunfo en Tomiño, e foi dúas veces segunda por detras de Clara Gonzalez dos Teixugos tanto no Kayak coma na Canoa. Kiara non estaba moi feliz despois da competición, pero as competicións son así. O máis importante é que hai unha rivalidade moi bonita e moi sana entre estas dúas competidoras.

Xa entre os rapaces a única medalla a conseguia Jorge Quintáns. O palista alevín, que caseque debuta en competición fixo unha competición fantastica colandose entre os dous pequenos do Montaña Quixos, Nico Diaz e Jorge Fagín, normalmente os gañadores desta categoría. Vai ser unha tempada preciosa na que a ver se son quen de sumarxe outros rapaces que non teñen tanta experiencia, coma Javier Fernandez, Marcos Cancela, ou Fran Romar. Tomas Quintáns despois dunha primeira manga moi boa que o situaba quinto, lamentábase o final dunha mala segunda moi por debaixo das súas espectativas.

Na categoría Benxamín o único participante foi Martín Fernandez Romar, que o facía moi ben, rematando no quinto posto con muitísimos nervos polo debut. Os infantiles Brais Trillo e Alexandre Cundíns estiveron máis ben discretos na súa participación.

Finalmente, e grazas o traballo de todos os rapaces, o CDM Piragüismo Dumbría subíu ó podium para recoller o troféo que os recoñecía coma terceiro mellor clube na competición, por detras do CDM Teixugos de Goian, e do Club Tea de Mondariz Balneario.

Jorge no POdio de Gondomar

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios