Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Dumbría, co apoio de Ferroatlántica, anuncia o proxecto dun campo de slalom olímpico augas bravas

Dumbría, co apoio de Ferroatlántica, anuncia o proxecto dun campo de slalom olímpico augas bravas
Olveira-acollera-duas-probas-nacionais-de-PIraguismo

Esta mañá tivo lugar a firma do convenio entre Ferroatlántica e o CDM Piragüismo de Dumbría, que establece os términos da colaboración entre ambas partes para o desenvolvemento das actividades que o Club organiza ao longo do ano. Ao acto asistiron Carlos Oliete, Director de Ferroatlántica e José Manuel Pequeno, Alcalde de Dumbría.

Ferroatlantica e o Concello de Dumbria co Deporte da Costa da Morte

Campo de slalom olímpico augas bravas en Olveira

Pero o máis importante, Pequeño adiantou que "estamos traballando nun proxecto de gran envergadura, a adecuación do río para a instalación dun campo de slalom olímpico augas bravas, que sería o único en Galicia, xa que cumprimos con todos os requisitos para que sexa posible". Un proxecto que conta xa co apoio da Xunta.

Hai xa quen apunta que o proxecto, que inclúe a construción dun canal no río Xallas, pode ser algo agresivo para o medio ambiente. Pola contra, dende o clube dumbriés, o míster Quique Portela xa nos indicaba hai tempo que non haberá ningunha actuación dañina. De feito, Quique apunta que "o que se vai facer é algo que habería ter feito hai 50 anos: recuperar o río, que hoxendía é case unha escombreira". Así, as obras consistirían en sacar do río esas pedras e ilas colocando polo curso do río, deixando unha estampa moito máis próxima ao que era antes da construción da central, que aproveitaríamos para ir facendo contras e demasias canles para o campo de slalom".

Imaxe da zona do Xallas embaixo da central da Fervenza con moita escombreira

Calendario de competicións oficiais

A achega de Ferroatlántica axudará á organización das citadas actividades do Club, entre as que destacan as competicións de slalom que terán lugar os días 13 de xullo e 15 e 17 de Agosto no río Xallas, baixo a presa da Fervenza. En palabras de José Manuel Pequeno, Alcalde de Dumbría, "trátase dunha axuda fundamental para o Club, que converte a Ferroatlántica nun dos seus patrocinadores máis importantes. Ademais, non debemos esquecer que estas competicións en augas bravas son posibles grazas a que Ferroatlántica turbina a auga do río Xallas.

Ademais, por primeira vez, celebrarase a "Festa do Río Xallas", un fin de semana no que aproveitando os festivos e a celebración das festas parroquiales en Olveira, terán lugar competicións de piragüismo oficiais (nacional e galegas). O percorrido é un tramo de entre 250 e 300m de auga con correntes onde os piragüistas deben sortear unha serie de obstáculos.

  • 13 de xullo: Campionato de España de slalom en augas bravas.
  • 15 de agosto: Campionato Galego de slalom por categorías: cadete, xuvenil, sénior e veterano.
  • 17 de agosto: Campionato Galego de promoción de slalom en categorías inferiores.

Novas relacionadas

Comentarios