Luns. 07.10.2024
El tiempo

O cangrexo vermello, liberado para invadir o encoro da Fervenza

O cangrexo vermello, liberado para invadir o encoro da Fervenza
Cangrexo-Vermello-recollido-no-Encoro-da-Fervenza

Témolo visto ducias de veces polo encoro da Fervenza (xa o denunciamos no 2010), precisamente un dos puntos de Galicia onde a súa presencia é máis ameazante. I é que aínda que pareza simpático, este cangrexo vermello (Procambarus clarkii), natural de Estados Unidos, ten unha grande capacidade para adaptarse a calquera ecosistema sendo unha forte especie invasora e pode convertir a súa presencia en “praga”, acabando coa existencia do cangrexo autóctono.

Así o denunciaba no seu día a Asociación Pan de Raposo aquí na Costa, e así o denuncia hoxe ADEGA a nivel nacional. E o fai trala decisión do Consello Territorial de Medio Ambiente de excluír o caranguexo americano do catálogo español de especies invasoras.

Denuncian dende ADEGA que "as especies exóticas e invasoras son a segunda causa da perda de biodiversidade no mundo, despois da alteración dos hábitats. Supoñen ademais un gasto de millóns de euros que poderían aforrarse con programas efectivos de divulgación, alerta e eliminación das pequenas invasións antes de converterse nun problema maior".

E rematan facendo un guiño á indiosincrasia do país, agardando así pola "Festa Gastronómica do Cangrexo Americano" no encoro da Fervenza ou en Cecebre.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios