O Concello de Dumbría abre novos cursos de informática

08:05 13/01/12

O Concello de Dumbría, amplía a oferta de cursos de informática para adultos, como continuación das clases de iniciación que se veñen desenvolvendo desde o mes de outubro nas que participan máis de 140 persoas (entre adultos e nenos/as).
Cómpre que as familias estean atentas con menos recursos estean atentas ás axudas para instalar internet.
Ó longo do presente semestre terán lugar varios cursos repartidos polas diferentes Casas Culturais do concello.
Comezo en Febreiro:
- Dumbría. Procesador de textos. Word.
- Olveira. Procesador de textos. Word.
- Buxantes. Procesador de textos. Word.
- Ézaro. Internet e redes sociais.
- Berdeogas. Internet e redes sociais.
Comezo en Abril:
- Dumbría. Internet e redes sociais.
- Olveira. Internet e redes sociais.
- Ézaro. Presentacións. Powerpoint.
- Berdeogas. Folla de cálculo. Excel.
Máis información e inscrición
As persoas interesadas en participar, deben inscribirse nas Casas Culturais ou nas oficinas municipais.
Novas relacionadas
- 120 alumnos de entre 3 e 80 anos aprenden informática en Dumbría.
- Abertas as axudas para instalar internet ás familias con menos recursos.
- Cursos de Galego en marcha.
Fonte
- Concello de Dumbría.