Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Abertas as axudas para instalar internet ás familias con menos recursos

Abertas as axudas para instalar internet ás familias con menos recursos

A Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas, que onte nos informaba dos seus Cursos de Informática, nos informa das novas axudas para instalar internet ás familias galegas con menos recursos.

Deste xeito, aquelas familias residentes en Galicia cunha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €/ano, poden falar directamente coa empresa instaladora (Movistar ou R) para que lle fagan un desconto de ata o 40% de desconto na tarifa mensual e na instalación.

Ollo, o prodecemento faise sempre a través da empresa instaladora, pero é preciso deixarlle claro á empresa que cumpres coas esixencias da subvención para que ha fagan efectiva, se non a empresa non a tomará en consideración.

Beneficiarios

  • Familias residentes en Galicia cunha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €/ano.
  • Que non tiveran conexion a internet polo menos desde Outubro de 2011.
  • Que contraten internet con R ou Telefónica.

AXUDA: subvención por unidade familiar do 40% do custe da tarifa mensual de conexión durante un ano cunha contía máxima de 180€.

PRAZO: o 2 de xaneiro ata o 30 de setembro. Recoméndase solictala pronto antes de que remate o presuposto.

Novas relacionadas

Comentarios