Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Concello de Dumbría abre novos cursos de informática

O Concello de Dumbría abre novos cursos de informática

O Concello de Dumbría, amplía a oferta de cursos de informática para adultos, como continuación das clases de iniciación que se veñen desenvolvendo desde o mes de outubro nas que participan máis de 140 persoas (entre adultos e nenos/as).

Cómpre que as familias estean atentas con menos recursos estean atentas ás axudas para instalar internet.

Ó longo do presente semestre terán lugar varios cursos repartidos polas diferentes Casas Culturais do concello.

Comezo en Febreiro:

  • Dumbría. Procesador de textos. Word.
  • Olveira. Procesador de textos. Word.
  • Buxantes. Procesador de textos. Word.
  • Ézaro. Internet e redes sociais.
  • Berdeogas. Internet e redes sociais.

Comezo en Abril:

  • Dumbría. Internet e redes sociais.
  • Olveira. Internet e redes sociais.
  • Ézaro. Presentacións. Powerpoint.
  • Berdeogas. Folla de cálculo. Excel.

Máis información e inscrición

As persoas interesadas en participar, deben inscribirse nas Casas Culturais ou nas oficinas municipais.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Dumbría.

Comentarios