Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: Os muíños da nosa comarca

O Modesto Patrimonio: Os muíños da nosa comarca
Muino de Montes-Dumbria-Foto-Modesto Garcia Quintans Muíño de Montes-Foto-Modesto Garcia Quintáns

Pola beira dos regatos e ríos da nosa comarca existen moitos muíños, algúns deles enfermos, outros, en estado agónico e unha grande maioría, mortos. Os seus donos os teñen totalmente abandonados, nalgúns casos descoñecidos, están clamando entre silvas, un pouco de piedade e compasión. Un patrimonio da nosa terra que xogou un papel importante nas economías familiares e na cultura popular galega. Pola súa funcionalidade económica e folclore tradicional a súa situación xeográfica, a veces en paraxes afastados e inacesibles sobre penedos e servidos a través de tortuosos camiños, proporcionaban os veciños un benestar material e social. Si nos referimos o concello de Dumbría, un estudio de varios anos de campo e rematado no 2013 (obra pendente da súa publicación por falta de medios económicos), podémolo resumir así: Muíños inventariados no concello: 236 dos que 43 habían desaparecido, 152 en estado ruínoso, 32 en estado regular, recuperables, e solo 9 estaban en activo.

Hoxe imos falar dun muíño moderno, quizá o máis bonito do concello, todo el de cantería picada. Trátase do MUÍÑO DE MONTES DE CANELAS (Dumbría).- Situado na marxe esquerda do río do Fragoso. De cubo e cantería moi elaborada con tellado de pedra. Foi construído por Manuel Montes, veciño do lugar de Canelas (Dumbría) sobre o ano 1939. Ten a porta de entrada cara u oeste e sobre o lintel en forma de arco, ten gravado as letras “MMA AÑO 1939” que son as iniciais de Manuel Montes Anido. Ten un acabado moi elaborado e segundo testemuñas foi feito polo canteiro “O Beiro de Hospital”. A presa de abastecemento deste muíño tivo problemas veciñais porque anegaba terreos augas arriba.

O seu estado de conservación é bo, estaba activo.

Localízase nas coordenadas UTM, 29ED50: X = 490381; Y = 4761550.

Muíño de Montes-Foto-Modesto Garcia Quintáns Muíño de Montes-Foto-Modesto Garcia Quintáns
  • Modesto García Quintáns.
 

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios