sábado. 14.06.2025
El tiempo

“Ningún profesional sanitario pode ir traballar con medo”

Concentacion no Hospital de Cee contra as Agresions aos sanitarios
Os sanitarios outra vez esta mañá de venres ás portas do HVDX
“Ningún profesional sanitario pode ir traballar con medo”

Despois das novas agresións sufridas esta pasada semana no Hospital Virxe da Xunqueira e nun Centro de Saúde da Coruña, o colectivo sanitario volveu concentrarse para esixir máis seguridade na sanidade pública.

A Comisión de Centro do Hospital Virxe da Xunqueira, co lema “STOP AGRESIÓNS NA SANIDADE”, condenaba esta mañá de venres 13 de xuño as agresións, considerando que “os feitos son inadmisibles, e constituen unha grave ameaza para a seguridade de quen traballamos día tras día na sanidade pública, para os que entregamos a nosa vocación, esforzo e profesionalidadade ao cuidado da saúde dos pacientes”, explicaban na lectura do manifesto.

Así, instaron á dirección do Centro a tomar as medidas oportunas para que ditos feitos non volvan ocorrer. “Ningún profesional sanitario pode traballar inseguro no seu posto de traballo nin pode vir a traballar con medo”.

Protocolos “insuficiente”

Sobre os procedementos aplicados en maio, trala voráxine de mobilizacións realizadas dende comezo de ano, a Comisión os considera “insuficientes. Primeiro levas o golpe, logo tes que ser capaz de darlle ao “botón deo pánico”, e despois terán que vir os compañeiros que te van axudar ou o garda de seguridade, que hai un para todo o centro…”

Piden reforzar o servizo de seguridade, e por exemplo no centro ceense, ter un garda de seguridade en Urxencias, que é onde comezan boa parte dos conflitos.

Máis novas

Comentarios