Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Piragüismo Dumbría gaña o Campionato Galego

O Piragüismo Dumbría gaña o Campionato Galego
O CDM Piragüísmo Dumbría, impúxose no Campionato Galego de Slalom de Augas Bravas, nas categorías de promoción que se celebrou esta fin de semana na localidade pontevedresa de Ribadumia. O clube da Costa da Morte impúxose a nivel individual no K1 Infantil Feminino coa pontecesana Kiara Martínez, nun percorrido que para nada beneficiaba aos palistas do clube dumbriés. I é que están acostumados a navegar en ríos moito máis técnicos e difíciles. Case todos os palistas do CDM Piragüismo Dumbría situáronse entre os cinco primeiros das súas respectivas categorías, destacando a Lorena Rama e Pilar Puñal, prata e bronce respectivamente no K1 alevín feminino. Tamén cabe salientar o papel de Martín Quintáns, co subcampionato no C1 infantil, e o bronce de Kiara, que tivo que subir ao podio de novo no C1 infantil feminino. Con este resultado ademáis, o CDM Piragüismo Dumbría imponse na Copa Galega de Promoción de Slalom. A vindeira cita do CDM Piragüismo Dumbría será o Campionato Galego Absoluto, do que son organizadores e que terá lugar o vindeiro domingo, 16 de setembro, no Campo de Slalom do Couquiño, en Olveira. Será a proba que porá fin definitivamente á tempada do piragüismo galego na modalidade olímpica de Slalom.

Novas relacionadas

Fonte

Etiquetas: , , , , , , , , ,

Comentarios