O PP presenta o seu candidato en Dumbría
“Volvo con moita ilusión e moi agradecido co apoio que recibín polos meus veciños e polos compañeiros do partido nas últimas semanas”. Estas son as primeiras palabras de Domingo Antonio Santamaría, o candidato polo PP á alcaldía de Dumbría nas eleccións municipais que se celebrarán no mes de maio. Santamaría, un dos nomes históricos do PP da Costa da Morte, retomará así o timón dos populares de Dumbría co compromiso de “traballar polo pobo con ilusión, honradez e sumando a todos os que desexen facer que o municipio sexa cada día mellor e máis próspero”. Ligado ao sector automovilístico, o perfil do novo candidato responde ao de “home comprometido cos seus veciños e coa comarca” que, aínda que estivera ata agora retirado do primeiro plano político, sempre foi un dos referentes comarcais pola súa “capacidade de xestión, compromiso e o seu ánimo integrador e dialogante”.