xoves. 25.06.2026
El tiempo

O político e escritor carballés Xesús Deus Gende lanza o seu terceiro libro

Libro Xesus DEUS Gende
O político e escritor carballés Xesús Deus Gende lanza o seu terceiro libro

A libro por ano vai dende que se lanzou á escritura o carballés Xesús Deus Gende. O político e escritor, colaborador na revista cultural "Nós, a xente do redor", saca o seu terceiro libro, “Historias do tío Laranxo”.

Despois de sacar en 2024 “Catro relatos curtos de Deus” e “O espertar dos monicreques” en 2025, repite agora coa editorial Andrómeda Senlleira, dirixida polo poeta Avelino Jácome para este novo lanzamento.

“Cando estaba cativo, na casa do meu país, descubrín que había unha vella canción que facía mención dun certo tío laranxo, polo tanto non deixa de ser unha especie de homenaxe. Non é só tradición popular que se refire a ese autor ou autora que no seu día lle dou vida", explica o autor. 

Esta obra está dirixida a todos os públicos, novos e maiores, son historias e contos que esgotan entre as súas liñas mensaxes destinadas a identificar, sempre desde ou con respecto á educación, verbos que tentan chegar ao lector ou lectora dun xeito sinxelo. O obxectivo, ademais de entreter e transmitir a complexidade do mundo no que vivimos. Espero que esta nova obra sexa do agrado de todos os que se beneficiaron dela.

O autor xa anda a voltas co cuarto pero polo de agora presena ao Tío Laranxo.

Comentarios