Martes. 21.05.2019
El tiempo

O verán de Dumbría ten 6 meses sen pausa

O verán de Dumbría ten 6 meses sen pausa
Actividades-Dumbria-Verán-2018 Así está o cambio climático afectando á nosa vida diaria que ata o programa de Actividades Verán do Concello de Dumbría 2018 vai durar 6 meses. 6 meses sen pausa, ademais, pois de abril a setembro está o concello dumbriés cheo de actividades e eventos. O deporte é un dos grandes protagonistas, pero tamén haberá numerosas actividades culturais, andainas, festas… e moitas sorpresas. Un programa variado pensado para todos os públicos, para a xente da casa e para a xente de fóra. En abril xa comezaron as citas con andainas, títeres e obradoiros. Xa en maio, teremos máis títeres ademais do paso do Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte o vindeiro día 26. En xuño hai moito teatro, coa clausura das escolas municipais, a Festa Infantil de fin de curso e un torneo de fútbol base. E claro, o 23 de xuño arrincan 16 noites máxicas na Fervenza iluminada do Ézaro. En xullo comezan as Actividades estivais no Conco, cun programa para mandar aos nenos a partir de 4 anos a todo tipo de talleres. Entre as citas máis singulares de xullo atopamos o Gran Fondo Ézaro do día 8. Peo ademais haberá cine ao aire libre, campionato de España de Salvamento, Deporcampus, a Festa da Familia de Berdeogas, e claro, volei praia. A Festa da Praia abre agosto, coma sempre, pero tamén haberá piragüismo a nivel autonómico, festas. Os deportes náuticos tamén servirán para pechar o programa en setembro.   https://quepasanacosta.gal/16-noites-de-veran-maxicas-na-iluminada-fervenza-do-ezaro/ https://quepasanacosta.gal/lejarreta-sastre-gomez-noya-e-ivan-rana-primeiras-espadas-do-granfondoezaro2018/

Comentarios