O vidro, a reciclaxe perfecta

08:27 09/08/16

Focalizar na hostalería
O 50% do vidro reciclado vén da hostalería, por iso é tan importante, e temos bos exemplos de implicación na zona como Carballo. "Os veciños participan activamente pero o noso cuello de botella, nunca mellor dito, é a hostalería”, sinala Germán Fernández Freire, xerente de Ecovidro en Galicia, "e nós estamos por facilitarlle a labor".O vidro, a reciclaxe perfecta
Hai que focalizar na Hostelería, pero tamén na concienciación dos veciños. “Moitos veciños preguntan se os contedores son só para os bares”, apunta Raúl. O veciño ten que saber que todo o vidro que bota no “igloo” vai ser reciclado, co cal promovemos dúas cousas: Aforro e medio ambiente, porque para realizar unha nova botella hai que gastar moita menos enerxía e non hai que gastar novos materiales. O vidro é a “reciclaxe perfecta”, pois dunha botella pode saír unha botella exactamente igual, e así infinitamente.Datos en Galicia
A media galega de reciclado é de 14 kilos / habitante ao ano. Pero os datos son complicados de analizar. As enquisas de utilización sinalan que un 70% da poboación galega recicla o vidro, pero non se pode saber con exactitude o nivel de reciclaxe por zonas, pois as empresas produtoras, as envasadoras, non saben exactamente canto vidro vai distribuido a cada rexión. E falando en termos de evolución da reciclaxe en Galicia, se ben houbo un pico en 2010, si que hai un crecemento costante en torno ao 2-3% anualmente. Agora que aumentou o consumo despois do peor da crise vaise notando máis aumento. “Intentaremos chegar ao 75% antes de 2020”, apunta Germán.Novas relacionadas
- O Ézaro #reciclavidroepedalea.
- O Mirador do Ézaro, protagonista provincial La Vuelta máis épica e estética.
- 85 establecementos de Carballo súmanse á campaña de reciclaxe de vidro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).