Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As obras da estrada DP-3404 ao seu paso por Dumbría estarán listas en 4 meses

Dumbria DP 3404
As obras da estrada DP-3404 ao seu paso por Dumbría estarán listas en 4 meses

A estrada que vai de Outes a Dumbría, a provincial DP-3404, verase renovada en breve. A Deputación adxudicaba, por máis de 300.000€, as obras de renovación do tramo comprendido entre o PK 31+240 e o PK 32+806 e sobre o ramal existente á altura do PK 32+493.

O alcalde dumbriés e deputado de Vías e Obras, José Manuel Pequeño Castro, estima que o prazo de execución será de catro meses desde o inicio das obras.

Comentarios