Como avanzan obras da pasarela do Ézaro

Continúan, pasesiño, as esixentes obras da instalación da pasarela do Ézaro. Unhas obras, desenvoltas por Ogando, que se alongarán ata final de ano pola complexidade das mesmas.
Esta pasada semana, quedou finalizada a fase final do formigonado dos encepados, nos que van os soportes da pasarela metálida.
Este luns 2 de setembro comezará a súa instalación e pasarán por Cee arredor das 16:30h dous novos tramos da estrutura metálica correspondente ao taboleiro da pasarela, co que só quedarán pendentes dous tramos máis.
Unha operación que de seguro provocará atascos no cruce de Roget, onde xa habitualmente, durante o verán, hai numerosos problemas. En todo caso, a Policía Local de Cee colaborará na operación, e así llo agradeceu publicamente o alcalde de Dumbría.
Novas relacionadas
- 07-08-19: Aceleran as obras da pasarela da Fervenza do Ézaro para deixar o acceso aberto pola Xunqueira.
- 27-06-19: Novos peches ao tráfico rodado na Fervenza do Ézaro.
- 11-06-19: As obras da pasarela do Ézaro alongaranse ata final de ano.
- Maio 19: A nova pérgola da Fervenza do Ézaro xa ten orzamento.
- Abril 19: As obras da pasarela de acceso á Fervenza do Ézaro en marcha.
- Decembro 18: Dumbría mellorará os accesos e incluirá unha pérgola como zona de ocio nas inmediacións da Fervenza do Ézaro