Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aceleran as obras da pasarela da Fervenza do Ézaro para deixar o acceso aberto pola Xunqueira

Grua de Ogando paras obras da pasarela do Ezaro
Espectacular a grúa de Ogando paras obras da pasarela do Ézaro
Aceleran as obras da pasarela da Fervenza do Ézaro para deixar o acceso aberto pola Xunqueira

Esta semana, dende o luns ata o venres 9, a empresa Ogando está acelerando as obras de colocación das pasarelas de acceso peonil á fervenza do Ézaro. Unhas obras de gran volume que se van alongar ata finais de ano.

Deste xeito, esta semana cada día fica pechado o acceso á cascada durante todo o día e noite para rematar os encepados das ménsulas.

Primeira pasarela que vai ir diante da central nova
A primeira pasarela irá diante da fábrica nova

Estes días procederon, cunha grúa absolutamente espectacular, á colocación provisional (pero na súa ubicación) da primeira das pasarelas, que irá diante da fábrica nova e que enganchará coa pasarela de madeira que hai a carón dos eucaliptos.

Paralelamente, diante da fábrica vella están cementando a zona, xa cos ferros que saen cara fóra onde vai apoiada a segunda pasarela.

Cementando nas obras da pasarela do Ezaro
Cementando nas obras da segunda pasarela, que vai diante da fábrica vella

Aberto por Xunqueita

Así mesmo, durante a semana da Xunqueira (do 12 ao 16 de agosto), permanecerá aberto o paso peonil á Fervenza de xeito continuado dia e noite, volvéndose a cortar de 8:00 a 19:30 dende o día 19 de agosto, semana na cal comenzarase a montaxe estructural da pasarela no canto a parte metálica e a terminación de todolos encepados.

Novas relacionadas

Comentarios