venres. 08.11.2024
El tiempo

Os peregrinos da Arousa fixeron parada e fonda en Olveiroa

Raul Gonzalez Alcalde de Dumbria recibindo peregrinos da Arousa
Raul Gonzalez recibindo peregrinos da Arousa
Os peregrinos da Arousa fixeron parada e fonda en Olveiroa

Esta pasada mañá de sábado, o alcalde de Dumbría, Raúl González, recibía en Olveiroa un grupo de 160 peregrinos/as procedentes de Vilanova de Arousa.

Este grupo organizado polo concello pontevedrés está a facer o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía por etapas. Comezaban o sábado a súa andaina no lugar de Olveiroa, clásico fin e inicio de etapa neste Camiño, e prevén chegar a Cee esta mesma tarde.

O alcalde explicoulles o desenvolvemento do lugar de Olveiroa e a influencia que o Camiño tivo no mesmo, que xunto coa iniciativa por parte deste Concello de promover a apertura do albergue municipal a principios deste milenio, así coma a promoción de diversos obradoiros de emprego, foron os grandes motores para que hoxe en día esta aldea sexa un referente de recuperación e posta en valor do rural.

Raúl González deulles a benvida ao #TerritorioVákner contándolles a peregrinaxe que, alá polo 1493, realizou o bispo armenio Mártiros de Arzendjan ata o Finisterre galego, e que deixou recollido nun manuscrito onde relata o seu encontro nestas terras coa besta chamada Vákner.

Avisados foron de que camiñen vixiantes, pois, con toda probabilidade, atoparán o Vákner polo Camiño.

Despois dun café para entrar en calor pola chuvia, o alcalde despedíaos cando arrancaban a camiñada, adentrándose con ganas e ilusión nesta etapa que os conducirá ao longo do Territorio Vákner.

Comentarios