“O Vákner vai ser o noso monstro do Lago Ness”
A ilusión que traslada José Manuel Pequeño sobre a figura do Vákner está contaxiando a toda a provincia. Así se percibe trala presentación oficial do I Festival Vákner celebrada este luns 2 de maio na Deputación da Coruña. Porque o Vákner vai moito máis alá desta singular cita, que fixará a cita cultural principal arredor do Camiño Fisterra-Muxía. A recuperación desta figura lendaria é toda unha aposta do Concello de Dumbría.
“Para nós o Vákner é musica, lendas, historia, turismo, economia, teatro… é poder explotar a nosa Costa da Morte e o Camiño a Fisterra-Muxía”, explicaba o alcalde de Dumbría, dando conta da necesidade de ir “pescar peregrinos ao Obradoiro, e o Vákner ten que ser ese é recurso que pode facer aumentar ese 15-20’% que continúa o Camiño”. “É un tema moi potente”, deixaba claro Pequeño en clave de futuro, explicando que a presentación se fixo na Deputación porque “o Vákner está enfadado, xa que estaba tranquilo polos montes de Dumbría, e agora estamos dándolle bastante lñio, e tiñamos que buscar un sitio lonxano”.
En presencia do presidente da Deputación, numerosos alcaldes da comarca, o presidente do Cluster… Pequeño agradeceu a labor da Rede Cultural da Deputación que “nos empurra aos Concellos para facer actividades culturais durante todo o ano, que serven ademais de promoción turística”.
Trala presentación dun vídeo moi traballado, cargado de historia e tensión, coa música, por suposto de Luar na Lubre, presentes e poñendo o broche de ouro ao acto, tocou o turno para que Xosé Regueira, presente xa naquelas primeiras xornadas arredor do Vákner de 2019 organizadas por Antón Pombo. Foi clave Regueira empurando ao concello a tirar para adiante con este proxecto, e ademais de descatar a ilusión de Pequeño, lembra todo o que fai un concello como Dumbría (fixo referencia ao Gran Fondo), ”facendo cousas que axudan a revalidar o territorio, e aos concellos do arredor”, “valorando a Fin do Camiño e ofrecendo unha diversificación a través da cultura”.
Ademais de nomear varios a escultura de Cándido Pazos, tocaba falar da gran cita. O 28 de maio a zona do Conco acollerá o I Festival Vákner. Un día que comezará coa entrega dos premios literarios, continuará co descubrimento da propia escultura, e continuará con moita música.
Un Festival que vai quedar, e mesmo Pequeño tendeu a man para que outros concellos do Camiño a Fisterra-Muxía vaia collendo o relevo.
Foi Bieito Romero, outro dos pioneiros do Vákner o que valorou a aposta pola figura deste lobuishome (por diante do dragón), e deixiou unha das frases da xornada. “Se o monstro do Lago Ness é un dos reclamos turísticos máis importantes de Escocia, estou seguro que o Vakner vai ser unha marca fundamental para Galicia”.
Explicou que no Festival presentarán o 19º disco, adicado ao peregrino, contando no escenario con Víctor Manuel, Ismael Serrano, e Carlos Goñi. Ademais, tamén subirá Alexandra Suárez, a nova rapaza de Dumbría.
Fermoso o detalle que aportou a alma do Liño de Galicia, Carmen Riveiro que trouxo un portavasos de liño para o Festival.
Na presentación do I Festival #vákner #LuarnaLubre trouxo este temazo sobre o Camiño a Fisterra-Muxía, que tocará o 28 de maio.@ConcelloDumbria @Depucoruna @DACCultura pic.twitter.com/2xTcOp40B0
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) May 2, 2022
NOVAS RELACIONADAS
- Xa disponibles as entradas gratuitas do Festival Vákner.
- Dumbría prepara o seu I Festival Vákner con Luar na Lubre, Víctor Manuel e Ismael Serrano.
- Luar Na Lubre estrea o seu novo disco no que a Costa da Morte é protagonista.
- Novembro 21: O Vakner invadiu Inglaterra.
- Outubro 19: O Vákner como motor inmaterial do Camiño.