Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O Vákner volve vixiar os montes de Dumbría

A estatua representa ao home lobo que no século XV se lle apareceu a un bispo armenio que decidiu facer o Camiño desde Santiago de Compostela a Fisterra.
É a primera escultura dedicada a un home lobo en España.
O Vákner volve vixiar os montes de Dumbría

Este sábado 28 terá lugar en Dumbría a primeira e histórica edición do Festival Vákner. E como preludio, que mellor que dar a coñecer a espectacular estatua que Cándido Pazos vén de realizar. Achegábase unha completa comitiva esta mañá de mércores 25 de maio ao cruceiro do Marco do Couto, onde empeza o Camiño Real, para destapar e dar a coñecer a imaxe do lobishome.

5 metros de estatua que van impresionar aos peregrinos, que de seguro preguntan de onde sae esta figura, serviundo para engrander o patrimonio inmaterial do noso Camiño. Tocaranos a hostaleir@s e veciñ@s preparar a historia, e lembrar que a estatua representa ao home lobo que no século XV se lle apareceu a un bispo armenio que decidiu facer o Camiño desde Santiago de Compostela a Fisterra. É, ademais, a primera escultura dedicada a un home lobo en España.

O investigador Antón Pombo, o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, e o o escultor, Cándido Pazos, asistiron á retirada do envoltorio que ata hoxe ocultaba a estatua.
O investigador Antón Pombo, o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, e o o escultor, Cándido Pazos, asistiron á retirada do envoltorio que ata hoxe ocultaba a estatua.

Festival

E xa toca pensar na completa xornada deste 28. Ademais de entregar no mesmo lugar os premios do certame literario que leva o nome da besta, a partir das 21:00h, a actividade trasladarase ao campo de fútbol do Conco. Alí terá lugar o concerto de Luar Na Lubre xunto aos seus convidados: Víctor Manuel, Ismael Serrano, Carlos Goñi, Alexandra Suárez e Gaiteiros de Buxantes.

Para asistir ao concerto é preciso retirar as entradas, aínda que gratuítas, en www.ataquilla.com ou ben no propio Concello de Dumbría.

NOVAS RELACIONADAS

ARTIGOS SOBRE O VÁKNER

Comentarios