martes. 06.05.2025
El tiempo

Pirateando polos mares da fin do mundo

Pirateando polos mares da fin do mundo
Os-pequenos-dumbrieses-e-carballeses-disfrutando-dunha-velada-pirata-no-Maria-Elena

Canto presta termos un barco de Cruceros na bisbarra. Non só a nivel turístico, tamén a nivel educativo, e senón, que llo pregunten aos pequenos de Dumbría e Carballo. Dous coles de ambas vilas subiron a bordo do Maria Elena, de Cruceros Fisterra, para "visitar os confíns da terra... os confíns do fin do mundo" ca bandeira pirata a bordo.

Así, 20 cativos do CEIP Sta. Eulalia de Dumbría e 55 do CEIP Sta. Cristina de Carballo convertíronse en piratas por unhas horas. E o fixeron despois de escoitar ao bo de Alexandre Nerium contar fermosas historias salgadas no Museo da Pesca do Castelo de San Carlos, que sobrevive gracias á súa vontade.

Aí foi cando os grumetes subiron a bordo do María Elena, comandado pola temible "Pirata Mete Pata", a brava Sole Méndez, que antes de levar anclas unha pirata lles berraba:
- "Adiante meus piratas!!! Levantade áncoras, izade a vela do pau maior... preparade a artillería!!! Imos rumbo a descubrir tesouros moi valiosos nesta costa... agarrade os remos.... preparade a vosa imaxinación... e vogade... vogade ata onde se acaba a terra!!!"

Recuperando vellas historias

Sole-Mendez-a-pirata-do-Maria-Elena

Sacou o catalexo máxico a "Pirata Mete Pata" Sole para amosar os lugares máis máxicos onde atopar tesouros moi valiosos dos cantís da fin do mundo. O mar seguiu abríndose paso pola proa do barco, facendo un percorrido polas lendas do Cabo Fisterra, as cristians e as paganas... recuperando historias como as de Ara Solis, Orca Vella, San Guillermo ou o Santo Cristo de Fisterra, que de seguro xa lle soaban aos pequenos pero que agora xa saben de onde proceden.

Continuou a pirata Sole contando historias, falando de naufraxios como o do vapor Sunrisse, o do Blas de Laza, o Casón ou o propio Prestige, pois estes pequenos moito escoitaron falar da meirande catástrofe do noso litoral pero desta volta case puideron que vivila nas súas propias carnes.

E falou tamén dos deuses celtas que habitan no Olimpo Celta do Monte Pindo, e mais a historia da Raiña Lupa, da que a "Pirata mete pata"; ou da tribu dos Nerios que habitaron no val de Dugium. E de deuses gregos, de romanos, de peregrinas e peregrunos que durante séculos chegaban o final do seu camiño siguindo as estrelas da vía láctea e querían a toda costa levar estes máxicos tesouros polo mundo.

E tamén puideron coñecer os pequenos grumetes cousas sobre a fauna e a flora da zona, sobre eses cormráns que secan as súas ás ao sol; e mais do ecosistema mariño, e da gran riqueza do noso mar, descubrindo unha nova especie... o onzopus, o polbo xigante de once brazos que habitaba nas profundidades rochosas na época das piratas... moito riron os pequechos co onzopus... Coñeceron tamén de onde vén o chamado "Linqueirón" (longueirón en fisterrán propio).

Unha chea de tesouros hístóricos que que só se poden atopar se os mantemos vivos gracias á tradición oral, e que mellor que sexan os propios cativos os que vaian coñecendo estas historias dende pequenos.

Versos piratas

Os rapaces e rapazas tamén estiveron presentes dun xeito participativo, e recitaron unha chea de versos de Rosalía de Castro, moi boa amiga da "Pirata Mete Pata"... De feito, a "Pirata Mete Pata" contou como Rosalía fixo un pacto cun pirata inglés que atacou a vila, e a cambio de levarse todas as moedas de ouro (que a ela no lle servía para nada) lle concedeu o dexeso de poder vivir no tempo e poder compartir con tódalas xentes que ata esta Costa se achegaran tódolos tesouros que ten... estes tesouros que son moitos e que varios amigos escribiron nos libros que falan de Finisterra... finisterrae o fisterra e do mar da Costa da Morte e das súas xentes.

Todo isto entre moitisimos sorrisos, patacas fritas, sardiñas e refrescos. E á chegada ao porto os pequenos grumetes fixeron un xuramento moi importante: contarlle a todas as familias, amigos e amigas, mestres e mestras, veciñas, cadelas, gatos, vacas.... todas as historias que escoitaron da "Pirata Mete Pata" para que perduren no tempo e nunca nunca nunca xamais os olvidemos.
E entre berros e xuramentos desembarcaron no siglo XXI con unha chea de historias novas. A "Pirata Mete Pata" que os observaba co seu máxico catalexo mentres se alexaban, quedaba contenta porque por él podía ver como as cabezas dos cativos eran moito máis grandes que antes, posiblemente cheas a rebosar de todos estes tesouros.

Os pequenos piratas dumbrieses e carballeses coa Pirata Sole chegando a terra

Unha experiencia apta para calquera centro que estea interesado en achegar o mar dun xeito lúdico e divertido aos seus alumnos. Só tendes que poñervos en contacto con Cruceros Fisterra e preparar a completa visita ao Museo da Pesca e ao mar da fin do mundo, con pirata a bordo e todo!

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios