martes. 05.05.2026
El tiempo

A Xunta reabre o concurso para a explotación mineira de Corcoesto e Santa Comba

Vistas do Val de Corcoesto dende o Monte Perrol
Vistas do Val de Corcoesto dende o Monte Perrol
A Xunta reabre o concurso para a explotación mineira de Corcoesto e Santa Comba

Vén de anunciar a Xunta de Galicia o que entende como “un paso decisivo na política mineira”. A Conselleira de Economía e Industria María Jesús Lorenzana anunciou que nas vindeiras semanas sacará a concurso os dereitos de explotación de minerais críticos para a industria europea.

Entre as novas concesións de explotación de minas de volframio, estaño e ouro, atopamos dúas da comarca:

  • A explotación da mina de Corcoesto (tres dereitos mineiros) en Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Coristanco, para ouro e ferro;
  • A mina de Santa Comba, que abrangue, tamén, os concellos de Coristanco e Cabana de Bergantiños, para volframio.

A Xunta inclúe tamén neste plan outros proxectos rexeitados pola sociedade como é a posible reapertura da Mina San Finx, en Lousame, para volframio e estaño.

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, comparece en sede parlamentaria para dar conta de asuntos de interese do seu departamento. 05/05/26.
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, esta mañá en sede parlamentaria 

Volve desoír a Xunta a vontade da sociedade, que conseguíu paralizar tanto o proecto bergantiñán como o da Barbanza, e volve usar o argumento de sempre, afirmando que que que entre as tres minas poderían propiciar a creación de máis de 250 empregos directos e 750 indirectos.

Plan Social

Como única novidade, a Xunta inclúe a exixencia de plans sociais aos promotores, que serían financiados cunha porcentaxe dos beneficios dos proxectos.

Máis novas

Comentarios