Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A preparación escolar dos minRedLynxes en Dumbría

Iago Larranaga e Thiago Fdez cos rapaces de Dumbria no Conco
Iago Larrañaga e Thiago Fdez. cos rapaces de Dumbría no Conco
A preparación escolar dos minRedLynxes en Dumbría

Todo listo para que este venres bote a rodar o balón no que pode ser o primeiro campionato de Seleccións Internacionais da historia da comarca. O Pavilón do Conco acolle esta fin de semana o PreEuropeo sub18 de Volei, unha nova demostración do Concello de Dumbría da súa aposta total polo deporte de alto nivel como principal foco de atracción turística.

Son 4 as Seleccións Estatais que competirán estes días. España, que xa leva dende o domingo concentrada na vila; ademais de Alemaña, Ucraína e Países Baixos, cuias expedicións chegaron esta noite á zona.

Iago e Thiago, espellos para a rapazada

Seleccion Espanola sub18 coa rapazada do cole de Dumbria

O combinado español, os mini RedLynxes como se lles coñece, levan xa dende o domingo na comarca, aloxados no Hotel La Marina de Cee. Luns e martes xogaron un bilateral de preparación ante Portugal e gañaron os dous partidos.

Pero entre adestramento e adestramento o momento máis emotivo foi a visita dos rapaces e rapazas do CEIP Santa Eulallia de Dumbría. Nunca mellor traído este campionato ademais, para estas crianzas inmersas no seu proxecto arredor dos Xogos Olímpicos e Paraolímpicos, que colleron as bandeiras, e se vestiron coa vermella que lles preparou o concello para darlles unha sorpresa aos novos xogadores do combinado.

A nota máis emotiva foi ver a dous costeiros, Iago Larrañaga e Thiago Fernández, agora triunfando no mundo do volei. Impactoulles ver a Iago vestido de vermello na pista, pois é un rapaz dumbriés que estudou toda a vida no CEIP Santa Eulalia, e que moitos teñen compartido patio con el. “É un fito que un rapaz que estudou toda a vida en Dumbría veña a xogar coa Selección Española á súa casa”, recoñece fachendoso César Ferrío, un dos culpables da aposta municipal polo deporte.

A partir desta noite chegan as outras 3 seleccións. Xoves, ao longo do día, fan adestramentos no pavillón, e o venres comeza o campionato pola tarde

Peques de Dumbria no Conco coa Vermella

Instalacións de nivel internacional

Partido no Conco de volei da Seleccion Espanola

Agora si se pode asegurar con certeza que o Conco é unha instalación de nivel internacional, como se confirmou coa satisfacción dos técnicos da Federación Española de Voley durante estes días, para ver os preparativos.

O pavillón está impecable, con eses investimento en acondiciomento acústivo e dúas bancadas supletorias instaladas na propia pista, que permitirán que estes días o pavillón acolla 1000 persoas sentadas.

”Contamos con que vai vir moita xente sobre todo, na xornada do sábado”, avisa Ferrío. A entrada é de balde.

Comitivas

Esta pasada noite de mércores xa chegaron as expedicións das seleccións de Alemaña, Ucraína e Países Baixos. Unhas expedicións formada por 20 membros, que se instalarán nas Hortensias fe Corcubión, nas Eiras de Lires e na Marina de Cee, respectivamente.

Pero en Dumbría teñen constancia de moitas reservas estatais e internacionais de familias que non queren perder este campionato e que demostran o potencial turístico destes eventos.

Máis novas

Comentarios