Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O CEIP de Dumbría celebrou a inauguración dos seus Xogos Olímpicos e Paraolímpicos

Xogos Olimpicos de Dumbria 2023
Foto de familia da inauguración dos Xogos Olímpicos do CEIP de Dumbría
O CEIP de Dumbría celebrou a inauguración dos seus Xogos Olímpicos e Paraolímpicos

Despois de que eles mesmos nos contasen como está sendo o proxecto anual sobre os Xogos Olímpicos e Paraolímpicos, a rapazada do CEIP Santa Eulalia de Dumbría celebraba este pasado venres a súa simgular cerimonia inaugural destes XXOO #Dumbría2024.

A catividada saían do centro de ensino facendo o desfile, antocha olímpica en man, ata o pavillón. Media hora percorrendo as rúas dumbriesas acompañados de moitas familias, levando a chama olímpica.

Rompedora a entrada no pavillón, xa coas bancadas cheas, facendo a entrada saudando ás familias e facendo a figura humana OLA!.

De seguido comezaron as divertidas actuacións. Os peques de Educación Infantil A eran a Selección Española de Halterofilia, mentres que os de B eran a ximnastas que representaban a Sudáfrica. Saíron os mestres arxentinos de esgrima de 1º e 2º; despois a simpática actuación de natación sincronizada da selección de China; e finalmente os piragüistas australianos de 5º e 6º.

Xogos Olimpicos Dumbria-Halteroflia

Xogos Olimpicos Dumbria-Ximnasia

Xogos Olimpicos Dumbria-Esgrima

Xogos Olimpicos Dumbria-Natacion sincronizada

Xogos Olimpicos Dumbria-Piraguismo

Foi o alcalde, Raúl González o que daba por inaugurados os Xogos Olímpicos e Paraolímpicos dumbrieses despois de que un os máis peques do centro encendera o pebeteiro.

Dende o centro queren agradecer ao “persoal do Concello de Dumbría toda a colaboración, a Protección Civil de Dumbría por darnos seguridade e protección, á ANPA 15 de Maio polo fermoso e espectacular pebeitero, ao claustro de profesores polo seu enorme e infinito traballo, pasión, dedicación… e, en especial, ao alumnado pola súa participación e entusiasmo en todo o que se lle formulou”.

Xa de volta á realidade das clases, os mestres demostraron que este proxecto só acaba de empezar, e tiveron a visita de Andrea Jardí, unha esquiadora olímpica catalana, que contou un montón de historias.

Andrea Jardi no CEIP de Dumbria

Máis novas

Comentarios