Martes. 16.04.2024
El tiempo

QPC achega o mundo ás vilas de Dumbría

QPC achega o mundo ás vilas de Dumbría
Internet, o mundo na miña vila é o título da charla que impartirá QPC en Dumbría

Encantados estamos de seguir espallando a rede pola Costa da Morte axudando a fomentar a fenda dixital que nos alonxa do mundo. I é que o traballo que leva fei QPC nestes case 6 anos de vida é enorme neste eido, aportando argumentos á veciñanza para achegarse á rede.

Se ben internet nos permite ter o mundo enteiro ao noso alcance, normalmente non nos interesa tanto a "curmá de risco" como o accidente do veciño, o partido do equipo da casa ou as festas do redor. E aí é onde QPC ocupa ese espacio de información hiperlocal que tanto nos presta.

Sobre todo isto rondará a charla que ofrecerá Ubaldo Cerqueiro, coordinador do diario dixital da Costa da Morte "Quepasanacosta.com" o vindeiro venres, 31 de maio ás 19.00 horas nas instalacións do Conco (Dumbría). Unha charla que pretende servir de reforzo aos alumnos/as que ao longo deste curso 2012-2013 asistiron ós cursos de informática organizados polo Concello dumbriés, cun seguemento fantástico.

A charla dumbriesa quere ser unha sesión para afondar sobre a importancia da rede na sociedade actual, como canle que chega desde a nosa propia casa e a nosa vila ata o mundo enteiro. Incidirá na importancia de manexar as novas tecnoloxías e procurará achegarnos ferramentas e contidos útiles que nos falen do que máis nos interesa: o máis próximo. Comprobaremos así que a internet, alén de ser unha porta aberta ao mundo, tamén nos permite coñecer moito mellor o que temos ao carón.

Falaremos de quen usa a rede, e aportaremos moitos contidos 2.0 de interese galego, comarcal e local, así como faremos un repaso sobre as ferramentas 2.0 que temos na nosa lingua.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios