Venres. 19.04.2024
El tiempo

2 anos e máis de 800 usuario na aula CeMit de Fisterra

2 anos e máis de 800 usuario na aula CeMit de Fisterra
A Aula CeMit de Fisterra nun dos cursos impartidos por Alicia López

Da importancia da alfabetización nunha zona como a Costa da Morte. Mágoa que aulas CeMit como a de Fisterra non haia máis pola bisbarra, a pesar de que noutros concellos da zona a parálise institucional impida aproveitar as oportunidades.

O 27 de abril fixo dous anos que a aula CeMit de Fisterra abría as portas por primeira vez. Unha aula dinamizada por Alicia López, que trata de formar en materia de novas tecnoloxías a toda a veciñanza de Fisterra. Os números falan e despois de máis de dous anos de funcionamento, a iniciativa caracterízase polo alto grao de demanda cidadá da alfabetización dixital, o elevado nivel de satisfacción coa formación recibida, e constitúese como a iniciativa fóra da educación reglada con maior número de usuarios en Galicia.

E proba disto son os datos tan positivos que se extraen nestes 2 anos de uso da aula CeMit de Fisterra:

  • case 2000 horas de formación (1994).
  • 98 actividades.
  • 808 usuarios rexistrados.
  • 3684 usuarios en aula aberta (persoas que acoden á aula para facer uso libre de internet e dos ordenadores).

Novas relacionadas

Fonte

  • Aula CeMit de Fisterra, da man de Alicia López.

Comentarios