Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Recuperando 5 puntos de Rede Natura

Recuperando 5 puntos de Rede Natura
O-Foxo-dos-Lobos-sitado-nas-Praias-do-Reira-sera-recuperado

A Recuperación do Foxo dos Lobos en Camariñas; a limpeza dos camiños aos Predios de San Crimenzo, en Dumbría; a restauración dos camiños á praia do Rostro; a rehabilitación dos camiños Traba; e a restauración de camiños en Touriñán e Arnela.

Estes son os traballos de conservación e recuperación de espazos naturais situados en Rede Natura que os concelllos poderán levar a cabo coa achega da Xunta de Galicia, de 67.000€.

En Fisterra, Soneira e Bergantiños recibirán estas achegas seis concellos: A Laracha, Camariñas, Dumbría, Fisterra, Laxe e Muxía, que en total suman 4.443 hectáreas en Rede Natura. “Trátase de dar resposta á necesidade de contribuír á biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural aumentando o papel dos concellos á hora de levar a cabo este tipo de accións, na súa calidade de entidades xestoras de terras”, manifestou Do Campo, quen indicou que o importe da subvención será do 100% do custe do proxecto, cun importe máximo de 20.000 euros por municipio.

No cadro seguinte detállanse as actuacións a desenvolver en cada un dos concellos:

ConcelloActuación
A LarachaAccesos en Caión para a mellora da paisaxe agraria e usos recreativos
CamariñasRecuperación do Foxo dos Lobos
DumbríaLimpeza e restauración dos camiños aos Predios de San Crimenzo
FisterraRestauración, acondicionamento e limpez dos camiños de acceso á praia do Rostro
LaxeRehabilitación e limpeza dos camiños municipais de Traba
MuxíaRestauración de camiños en Touriñán e Arnela

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios