Red Eléctrica volve colaborar co Concello de Dumbría para o Gran Fondo Ézaro
Pendentes da chegada do pelotón na Volta O Gran Camiño en dúas semanas, Dumbría pensa tamén na outra gran cita do ciclismo na Costa da Morte, o Gran Fondo Ézaro.
A 8ª edición desta proba internacional, que se celebrará o día 10 de xullo, contará de novo coa colaboración de Red Eléctrica, despois do convenio asinado onte entre José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría, e Carlos González Patiño, Delegado rexional Noroeste (Galicia e Asturias) de Red Eléctrica S.A.U.,
O alcalde fíxolle entrega a González Patiño dunha réplica da Pedra Cabalgada do Brazal, escultura que foi empregada por primeira vez en 2012 como trofeo de La Vuelta, que tivera como final de etapa o miradoiro do Ézaro.
Tamén lle entregou un exemplar do libro “Monte Pindo. Historias e lendas do Olimpo Celta, obra da ilustradora Laura Suárez.