Martes. 23.04.2024
El tiempo

Ríos con vida volve a carga contra a desecación dos ríos Xallas e Castro

Ríos con vida volve a carga contra a desecación dos ríos Xallas e Castro
A entidade Ríos con Vida, volveu a denunciar á Fiscalía a desecación dos ríos galegos por compañías eléctricas e piscifactorías. E dous dos 4 ríos denunciados son da nosa bisbarra, o río Xallas por parte da Ferroatlántica (seco dende 1992) e o o río Castro pola piscifactoría TresMares (seco dende 1969), que segundo sinala a entidade continúan na mesma situación que o pasado decembro, cando se produxeron as primeiras denuncias. A desecación do río Miño entre as presas de Belesar e Os Peares por parte de Gas Natural-Unión Fenosa e a do río Eume por Endesa protagonizan as outras denuncias.

Nova reforma legal

Esta desecación non variou un chisco desde que entrou en vigor a reforma do Código Penal o 23 de decembro de 2010, cuxa importancia reside na responsabilidade penal das persoas xurídicas e a posibilidade da súa disolución. A reforma prevé que respondan non só as persoas que directamente xestionen as instalacións, senón a empresa e os seus administradores.

Medidas cautelares ante o "secuestro dos ríos"

Así define o presidente de AEMS-Ríos, Mark Adkinson, a situación de moitos ríos galegos dende fai decenios. Nese sentido, Ríos con Vida solicita que "se apliquen de inmediato as medidas cautelares que eviten maiores prexuízos aos ríos e que os presuntos responsables indemnicen polos danos ambientais causados, incluídos os beneficios por derivar máis auga da permitida, e que se aplique a disolución da empresa, clausúraa dos seus locais e establecementos e a prohibición de realizar estas actividades mercantís no futuro".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios