Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Tarde axetreada para os Bombeiros de Cee: Extraen un condutor tras un accidente e sufocan un incendio urbano

Accidente en Muxia
Imaxe do accidente entre Cee e Muxía
Tarde axetreada para os Bombeiros de Cee: Extraen un condutor tras un accidente e sufocan un incendio urbano

Día axetreado este martes 7 de xullo para os Bombeiros de Cee. A mediodía, pasadas as 14:30, tiña lugar unha saída de vía na estrada DP-2303, no p.k.5, a altura da Vieira, entre Muxía e Cee. O condutor e único pasaxeiro tivo que ser excarcerado polos Bombeiros, coa axuda de Protecciñón Civil, Policía Local e Garda Civil, para trasladalo cunha ambulancia do 061, con pronóstico leve, ao Hospital Virxe da Xunquera.

Pouco despois os Bombeiros tiñan que desprazarse ata o Ézaro, onde se producía un incendio no baixo dunha casa no lugar de Laxes. Ao parecer, saltou unha “charamona” á zona da leña e ao ser nun sitio pequeno, o fume impedía sufocar o lume polo que chamaron aos Bombeiros, que sufocaron o incendio.

Bombeiros de Cee no Ezaro
Os Bombeiros no Ézaro

Comentarios