Xoves. 02.05.2024
El tiempo

The Way To Fisterra en clave de Bach

The Way To Fisterra en clave de Bach
O Camiño a Fisterra en clave de Bach

Non sabemos se a Costa da Morte é consciente da importancia da promoción de aquel filme estadounidense “The Way”, achegando o Camiño ata Fisterra e Muxía a millóns de persoas do mundo enteiro. Ou a de voltas que está percorrendo a documental “Costa da Morte” de Lois Patiño, levando o noso nome polos festivais de todo o planeta.

A promoción turística que xeneran estas propostas audiovisiais son importantísimas para o crecemento de peregrinos que chegan ata fin da terra. E esta semana vimos de coñecer un novo proxecto que xa, case está en marcha.

O violonchelista estadounidense Dane Johansen partirá de Sant Pie de Port o vindeiro xoves 15 de maio, para chegar a Fisterra o 25 de xuño, durmindo a noite antes en Olveiroa. O caso é que Dane irá enchendo de música ducias de Igrexas polas que se cruzará no Camiño. Música de Juan Sebastian Bach, ademais, o seu compositor favorito.

Toda esta aventura de case un milleiro de quilómetros en clave de sol a través do “orixinalmente camiño pagano a pé ata o fin da terra” como el mesmo describe, será recollida nunha documental, The Walk to Fisterra. A súa misión será a de explorar o poder comunicativo e relevancia actual da música de Bach, a base de compartilas súas actuacións coas persoas que, de seguro, coñecerá durante a súa viaxe. Un equipo talentoso de persoas andará con Dane, creando un filme que captura as vistas e os sons desta odisea musical.

Violonchelo para facer The Walk to Fisterra

Este é un avance, e xa podedes colaborar co proxecto, aportando a vosa axuda en www.walktofisterra.com. Necesitan uns 20.000 dólares e xa conseguiron o 75% do financiamento.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios